Friday 29 de March de 2024

Alternativa de Cambre esixe mantemento para o parque biosaudable da rúa Miguel Ángel Garcés


Varias das máquinas que forman parte do parque deportivo ao aire libre están deterioradas.

Alternativa esixiu traballos de mantemento para este parque, xa que agora que inicia a mellorar o tempo mais veciñanza se anima a empregalos. Aproveitando a comunicación co Concello tamén instou a recuperar o servizo de monitorado que funcionaba nos meses de verán neste tipo de instalacións ao aire libre (tamén nos parques de calistenia), xa que moita xente trasladou a necesidade de persoal especializado para realizar adecuadamente exercicio e motivar o uso das instalacións.